Radio LiVerdade: facemos radio xuntas?

Aprendendo, practicando, compartindo ideas, imos creando xuntas a nosa radio libre, comunitaria e autoxestionada! Se queres facer o teu programa estamos os martes ás 19h en A Galleira Ourense! Máis información: https://www.facebook.com/RadioLiVerdade Advertisements

Presentación Fanzine Galiza Nación Cuir

Xoves 1 de decembro ás 20h Nós no 25N seguimos construíndo contradiscurso dende a cultura de base, de barrio, de nación periférica dentro dun sistema heteropatriarcal que nos nega. A non perderse o novo número do Fanzine da nosa Comisión de SexoDiversidade que desta volta ademáis actúan Canela Cafuné. Vémonos o 1 de decembro ás…

Magosto de Sempre

sábado 12 de novembro en Montealegre Xa esta aqui o MAGOSTO DE SEMPRE! e para organizalo cómpre que todas botemos unha man, anotádevos antes do 8 de novembro nas listas que atoparedes no Moucho, Grândola, LuscoFusco, Auriense ou na Galleira cando haxa actividades. Son 10€ para maiores de 10 anos (anotade tamén aos menores) e…

Presentación libro “Curso de Lingüística geral” de Igor Lugrís

xoves 10 novembro ás 20h Apresentará Rafa Vilar En palabras do autor Igor Lugris: Trata-se duma reflexión sobre diversos aspectos da língua e a linguística, sempre duma óptica pessoal, e entremesclando a poesia com elementos lúdicos e também políticos, e com a participação do eros como elemento fundamental para a construção do discurso.

Obradoiro de Radio Comunitaria

Martes 25 ás 20.00h Facemos radio xuntas? A iniciativa de varias socias iniciamos un obradoiro de radio autoxestionado. Pásate e a ver que pasa!

Organizando o Magosto de Sempre!

Martes 11 ás 20.30h Comezamos a organizar o Magosto 2016, a festaza popular da que máis gostamos! Anímate e ven colaborar, todas as mans son necesarias.

Reunión da Comisión de Diversidade

Venres 7 ás 20h Reunión aberta da Comisión de Diversidade da Galleira para continuar co traballo comezado neste 2016 e programar as actividades de 2017. Pásate e difunde!

Obradoiro de fotografía: FOTOEDUCA

Domingo 6 de novembro. De 11h a 14h. 20€ Olá a todas, iniciamos o curso escolar co primeiro dunha serie de obradoiros que percorreran diferentes lugares da Galiza, Portugal e parte do estranxeiro. A primeira parada será en Ourense o domingo 6 de novembro de 11h a 14h no Centro Social “A Galleira” (Praza San…

Encontro Informativo con Nosa Enerxía

xoves 6 ás 20h. Nosa Enerxía é unha cooperativa de consumidores e usuarios, e polo tanto, é unha entidade onde os socios e as socias se organizan para consumir os produtos e servizos que desexen, nas condicións que estas determinen. O obxecto de Nosa Enerxía é a comercialización de enerxía de orixe renovable a todos…