A Galleira

Que é a Galleira
A Galleira é unha asociación cultural, asemblearia, soberanista, aberta e apartidista que ten a vontade de loitar pola nosa lingua, a nosa cultura, a nosa música, pola igualdade de xénero, polo soberanía alimentar, polo noso patrimonio natural e arquitectónico. Que quere traballar por todo o que Galiza é.
E nela son benvidas/os todas/os galegas/os de ben!

Que significa “Galleira”
Galleira é Galiza en barallete.

Que é o Barallete
O barallete é a xiria utilizada pol@s afiador@s. Esta xiria tamén era utilizada por músic@s e por outr@s profesionais ambulantes, como follateir@s ou paragüeir@s ourensáns. Tiña como característica propia a de abranguer máis de dous mil vocablos que pertencían a adxectivos, verbos e substantivos. Estes tiñan a súa orixe no idioma galego, aínda que deformados fonéticamente. Ademais había vocablos xermánicos e do idioma caló (dos xitanos), sen que se esquecesen nomes que se encontran coa fala dos pícaros e que aínda conservan quinquis e esqueiros. Unha norma do barallete era que no seu conxunto de palabras non entraban as que indicaban violencia. De xeito que este modo de entenderse tan só restrinxido aos afiadores supón unha protección para evitar a comprensión por parte de oídos alleos ao oficio.
Don Xose Ramón Fernández Oxea “Ben-Cho-Shey” foi quen máis se ocupou do estudo de afiador@s e barallete, sendo o autor dun diccionario.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s